miércoles, 21 de julio de 2010

EN QUE CONSISTE UNHA CONSULTA NUTRICIONAL


O obxectivo de unha Consulta de Nutrición e solucionar as alteracións da alimentación, previr enfermidades (obesidade, diabetes, hipertensión…) e orientar nutricionalmente nas distintas etapas da vida (embarazo, lactancia, infancia e adolescencia, menopausia, vellez, deporte,…)

PRIMEIRA CONSULTA:

E a máis importante xa que en ela e posible encontrar una gran cantidade de datos orientadores que levan a decidir e planificar un estudio nutricional axeitado.

1.- Entrevístase o paciente para coñecer a súa Historia Clínica (enfermidades, intolerancias ou alerxias alimentarias, medicación actual, antecedentes familiares, análise sanguíneo recente, exámes específicos).

2.- Realizarase un estudio de Hábitos Alimenticios, para analizar o consumo calórico, gustos, horarios…

3.- Toma de Medidas Corporais (peso, talla, contornos, pliegues cutáneos, % de graxa corporal…) necesarias para coñecer ó máximo a composición corporal e a complexión do individuo, moi útiles para valorar a evolución da estratexia dietética en sucesivos controis.


4.- Elaboración da Pauta Dietética para acadar obxectivos establecidos; sempre adaptada as necesidades e características individuais xa estudiadas.

SEGUINTES CONSULTAS:

1.- Observaremos os cambios que o paciente experimentou.

2.- Valoraremos os obxectivos acadados: diminución de peso, graxa, colesterol ou calquera outro parámetro analítico. Realizaremos as modificacións e axustes que fosen necesarios e daremos resposta ás posibles dúbidas.

3.- Farase fincapé nos cambios de conducta e nos hábitos alimenticios, para que a súa evolución sexa correcta e perduren a longo prazo todos os obxectivos propostos.

4.- Iremos observando a % de graxa, a evolución e distribución das medidas superficiais, e con iso irase facendo unha composición de lugar para axeitar aínda máis o patrón dietético individualizado.

5.- Prestar atención o estado anímico, o cal favorecerá o éxito do tratamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario